Welcome, Guest
Username: Password: Remember me
  • Page:
  • 1
  • 2

TOPIC: Reestructuración da liga?

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2764

  • miguelpfer
  • miguelpfer's Avatar
  • Offline
  • Administrator
  • Posts: 35
  • Karma: 5
Ola, como vichedes no post da web estamos pensando sobre que facer na liga. Porque as equipas van marchando pouco a pouco. Eu teño algunha que outra cousa en mente, pero non quero decilo aínda para non condicionar as respostas e ver mais variedade.

Gustaríame ver moitas opinións, a ver se conseguimos que participe moita xente a parte dos que son bastante activos no foro
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2765

  • Dandumn
  • Dandumn's Avatar
  • Offline
  • New Member
  • Posts: 1
  • Thank you received: 1
  • Karma: 3
Hay 4 problemas fundamentais na liga:

1- É unha liga demasiado longa. Comezar de 0 cunha liga de 10 meses foi un erro. Moi poucos equipos PROFESIONAIS duran mais de 6 meses. ¿Vamos durar un ano unha panda de colegas xogando unha liga local? Dudo que con este formato consigamos rematar a liga. Os Sjok'z Angels levamos sin xogar moitas semanas pola ausencia do rival. Xa empeza a cansar.

2- A calidad do stream é pésima. Sin entrar a xuzgar o casteo ou a forma de comentar. Estou a falar da calidad visual e técnica do stream. Un stream que se ve a 30 FPS por segundo, con saltos constantes é moi pouco atractivo para o espectador. Houbo moito tempo para melloralo, creo eu. Os nosos amigos prefiren ver a liga espectando o cliente do LoL.

3- Demasiada diferencia de nivel. Os equipos da parte alta da taboa están a un nivel moi superior que os da parte baixa. Non houbo ningunha criba previa.

4- Súmalle que esta é unha liga por puro entretenimiento. Non hai ningún premio en xogo. A min aínda me sorprende que chegaramos ata aquí xDD

Opcións viables para revitalizar a liga:
-Facer días con 6-8 partidos seguidos, en vez de 1-2.
-Dar por remata a "Liga regular" e organizar unhos playoffs cos equipos que queden.
-Poñer un premio de 10.000€ ao gañador xDD

Un saúdo.
Last Edit: 1 year 11 months ago by Dandumn.
The administrator has disabled public write access.
The following user(s) said Thank You: miguelpfer

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2766

  • Bleda
  • Bleda's Avatar
  • Offline
  • New Member
  • Posts: 9
  • Thank you received: 3
  • Karma: 3
Estou dacordo co que comenta Dandumn, menos no punto numero 3, creo que a idea e unha liga para todos indiferentemente do nivel, e ainda que perdas pois fai ilusión xogar partidos de "campionato".

O que si creo que se debe de cambiar e o formato, e unha liga demasiado longa, e sin o aliciente de premios a xente perde o interese, creo que unha liga de un mes con dias enteiros de partidos como comenta dandumn sería mais sinxelo.

Outro comentario que quero facer con respecto o dos premios, a parte de estar dacordo con Dandumn no dos 10.000 euros XD, e que tiña entendido que hay unha forma de "oficializar" o torneo con RIOT e que este daba algunha Skin e RPs como premio pero a verdade e que non sei como funciona.

Un saludo
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2767

  • miguelpfer
  • miguelpfer's Avatar
  • Offline
  • Administrator
  • Posts: 35
  • Karma: 5
Eu tamén penso como Dandum, a verdade é que nós temos problemillas para stremear dende onde vivimos. A o principio podía ir a santiago a stremear eu e por iso as primeiras estaban mellor, aínda que non é excusa válida por problemas familiares xa non podo ir. Se alguén se ofrece a axudar neste tema é benvida/o (pola miña parte como "admin" hai que consensualo coa outra parte tamén)

O que di Bleda dos RP's e o das Skins é certo. Fai tempo mandara un mail a Riot preguntando cousas de dereitos por se habia problema en facer torneos e emitilos e dixeronme que a o contrario, e remitironme a un pdf con unhas pautas e condicións a seguir para que fose válido. Unha das condicións era seguir uns patróns para as partidas en forma de torneos eliminatorios e outro mais.

10.000 Ojalá!!!! xogaba todo dios os partidos con uñas e dentes xD
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2768

  • valiosk
  • valiosk's Avatar
  • Offline
  • New Member
  • Posts: 5
  • Thank you received: 1
  • Karma: 0
Opino como o resto da xente. A liga faise longísima e sen motivo aparente xa que por exemplo os Porongas creo que levamos 3 semanas seguidas sen xogar e non é a primeira vez que esto pasa.
Eu vería mellor que se xogaran un par de partidos a semana e non soamente 1 cada semana e si xogas.
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2769

  • Bleda
  • Bleda's Avatar
  • Offline
  • New Member
  • Posts: 9
  • Thank you received: 3
  • Karma: 3
Pois non sei o que pedia RIOT pero o millor acollerse a ese formato que eles piden para ter premios e non facer tan longa a liga pode ser unha boa idea
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2770

  • Neimad
  • Neimad's Avatar
  • Offline
  • Administrator
  • Posts: 23
  • Thank you received: 1
  • Karma: 2
Bleda wrote:
Pois non sei o que pedia RIOT pero o millor acollerse a ese formato que eles piden para ter premios e non facer tan longa a liga pode ser unha boa idea
A competición era totalmente compatible cos criterios marcados. Agora, que se tramita cara o remate e con probas de habelo feito e cos resultados, polo que lóxicamente non reciviriades as cousas ata ben finalizada a liga.

Agora mesmo non podo responder con exactitude polos criterios, pero digamos que tampouco se pode organizar moitos torneos pequenos con premios por parte de RIOT en cada un deles. É moito aprobeitarse.

Non entro todavía a comentar sobre o formato, premios ou a lonxitude da liga. Este post é soamente en resposta deste último tema para non desatar o pánico.
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2771

  • miguelpfer
  • miguelpfer's Avatar
  • Offline
  • Administrator
  • Posts: 35
  • Karma: 5
Estiven mirando agora un pouco o das skins e RP's e parece bastante sinxelo. Un ten que facer de organizador e crear un torneo ligas ou etc, hai varios tipos. E os que queiran participar teñen que inscribirse nesa páxina cos seus nomes de invocador e esas cousas. Parece bastante sinxelo nas súas FAQ's vexo que se poden organizar torneos de 8 equipas para arriba.
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2772

  • Daniel
  • Daniel's Avatar
  • Offline
  • New Member
  • Posts: 6
  • Thank you received: 2
  • Karma: 2
E que vos parecería unha reorganización dos partidos que faltan? En vez de ser 1 a semana ou cada 2, que sexan 2-3 partidas a SEMANA, non so no finde, para facelo un pouco mais dinámico.
The administrator has disabled public write access.

Reestructuración da liga? 1 year 11 months ago #2773

  • Bleda
  • Bleda's Avatar
  • Offline
  • New Member
  • Posts: 9
  • Thank you received: 3
  • Karma: 3
non e mala idea o problema e que si a xente sigue sin presentarse non vale de nada.... porque seguirias sin xogar, eu estou con dandumn o millor o que fai falla e coller os equipos que estan activos, facer playoffs, e dar por rematada a liga, e despois cambiar o formato para a segunda temporada
The administrator has disabled public write access.
The following user(s) said Thank You: miguelpfer
  • Page:
  • 1
  • 2
Time to create page: 0.275 seconds
Powered by Kunena Forum