Boas a todas e todos!

Esperamos que as nosas visoras e visores o pasarades igual de ben ca nós vendo os partidos. Sabemos que non somos os mellores ou nin sequera somos bos. Pero joder se o pasamos ben e nos botamos unhas risas!! Animámosvos a que no chat comentedes as cousas que se nos quedan atrás nos picks e os bans, ou mesmo levarnos a contraria.

O primeiro día tivemos cerca de 10 visores! Para nós son datos moi bos! Aínda que so nos estivesen mirando dous faríamolo de igual agrado! Pero o domingo... Chegamos a 33 yeah! Estamos moi contentos con estas estadísticas. Esperamos que siga así e que sigamos medrando!

 

PD: Recordamos o enlace: http://www.twitch.tv/ligagalaica

O día de inicio da Liga Galaica foi algo incerto. Supoño que non quedou de todo claro qué ocorreu e por qué non se emitiu o que se esperaba. Tampouco cómo se resolveu o conflicto, así que vamos cunha explicación.

  • En canto ó partido que se emitía, Chegan as Plays contra Dragon LoL, resultou que Dragon LoL "non se presentou". Aplicando a norma para estes casos, damos a victoria instantáneamente a Chegan as Plays.
  • Pasando ó segundo partido: La mafia de Lira contra The Knockers. Dado que o partido anterior non se celebraba, podíamos emitir este outro. O conflicto foi maior para este caso: La mafia de Lira tiña problemas internos co seu equipo e The Knockers non aparecía. Dado que, digamos, ningún dos dous equipos "estaba presente", o conveniente sería dar por nulo o partido e ningún dos equipos puntuaría. NON OBSTANTE, discutimos moito a situación: dado que estamos comezando e un equipo fixo, dalgunha maneira, acto de presencia; a decisión final é aplazar o partido.
  • Quero aprobeitar para adiantar que o enfrontamento Carcamáns contra WinDoges non se realizará. WinDoges xa avisou con antelación sobre a súa situación e Carcamáns xa foi notificado sobre o asunto.
  • Queda pendente o tema que temos con WinDoges, polo que temos en disputa o enfrontamento deles da próxima semana. Esperamos ter noticias en breves e actuar ó respecto.

Pedimos disculpas polo sucedido e esperemos que non se repitan estes casos. As próximas veces seremos máis restrictivos.

A estas alturas todos e todas deberíades ter nos vosos correos os días dos enfrontamentos. A hora sería tódolos dias as 21:15. Repasade os horarios e os enfrontamentos. Son dous enfrontamentos con cada equipa, ida e volta. Xa vedes que se comezará a semana que vén, e son dous enfrontamentos a vez (iso non o vedes porque cada un ten o seu calendario). Por estas condicións non podemos gravar os dous partidos e subilos, así que se dispoñedes de software de gravación, os que non emitamos podedelos subir vos a o voso canal e compartimolos na páxina da Liga Galaica.

En uns días imos poñer a vosa disposición o calendario en google calendars. Para que vexades os partidos que están programados. E pouco a pouco tamén os subiremos a seccion de league of leguends da páxina da Liga Galaica, este vai a levar mais tempo porque é moito mais laborioso. O luns poremos os partidos que cadran esa semana (a primeira). Para calquera dubida xa sabedes, empregade o foro.

Un saúdo a Liga Galaica

Pechamos o rexitro de equipas. A verdade é que estamos moi contentos de que se rexitrara tanta xente. Agora ímonos a poñer coas datas para ter canto antes todo programado e comezar os enfrontamentos! Recordade pasar polo foro se tendes algunha dúbida ou suxerencia, ou simplemente para comentar a Super Lúa se tivechedes as forzas de levantarvos as 4 da mañá para vela!

Moitas grazas! Unha aperta