Ola a todas e todos.

Antes de nada dar as grazas por estar activos na liga, a nosa noraboa a os que van sendo cabeza de cartel e o noso ánimo para os que están mais atrás. Está sendo moi emocionante a liga!

Con respeto ós encontros, queremos decirvos algo sobre os cambios de datas. Estamos tendo xente que falta ás partidas e temos que arreglar iso e intentar axilizar as cousas. Recordamos que para cambiar de día a partida é preciso:

  • Avisar como máximo o día anterior do encontro (eso quere decir que o vencemento será as 00:00)
  • Mandar un mail á organización os dous capitáns ou capitanas (cadanseu mail por capitán). Para así saber que chegachedes a un consenso para o cambio de data.
  • No mail hai que dar a data e hora do novo encontro. E a maiores, se podedes dar mais datos útiles moito mellor: Decir de que equipa sodes, contra quen xogades, ou xogabades en tal data para tal nova data etc, etc. (Ás veces parece algo trivial, pero axuda por exemplo cando queres buscar un mail antigo ou simplemente para ter toda a información a golpe de vista).

 

Temos que avisar que hai algunhas baixas moi ó noso pesar. Hai catro equipas que deixan a liga e que no día que vaian xogar os puntos serán concedidos directamente ós seus rivais. As equipas son:

  • Try and Survive
  • Dragon LoL
  • Team Solo Poppy
  • Los Auténticos

Non desaparecerán da táboa e deixamos aberto a unha posible continuación.

 

Graciñas de novo ós que nos seguides.

Ola a todas e todos

Estivemos hoxe discuntindo sobre algunhas equipas que estaban desaparecidas ou que non daban sinais de vida. Creemos que debemos ser estrictos con persoas coas que temos unha comunicación pobre e que sobre todo non aparecen para os partidos (deixando asi a varias persoas tiradas por decilo de algunha forma). Por iso imos anunciar que van desaparecer Tres equipos mais. Un xa participou e avisounos polo chat de League of Legends como nese chat non queda o historial gardado e estabamos mirando de organizar outra partida non programada, porque non apareceran duas equipas, non o apuntamos ou perdemos o papel onde apuntamos que equipa era. Estamos mandando mails a os que creemos que eran e se non mandaremos un mail a todos os contactos para dar mellor coa equipa.

Os que si imos anunciar que imos borrar son:

  • The Knockers
  • Los Poios Hermanos

Ademais de actualizar os outros dous que xa non estaban na liga que anunciamos con anterioridade.

Un saúdo: A Liga Galaica

Ola a todas/os

Facemos este post para informarvos de que nos podedes mandar as fotos de equipas e mais as dos xogadores/as.

Podedes enviar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. coa imaxe do equipo e se queredes as dos e das integrantes. Mandade a gusto que iremos actualizandoas para que quede mellor e así dámoslle vidilla a páxina.

Ou se o preferides podedes facer un fío novo sobre a equipa e poñedes alí as imaxes e despois actualizaremolas na páxina para que se vexa nas táboas. E a xente que vos ve tamén pode comentar sobre como vos ve xogar nas partidas.

Moitas grazas a todas e todos!

Ola a todas/os

Quixeramos mandar boas novas en este post, pero tememonos que non. Dada a situación de dúas equipas (WinDoges e SmokeMistosEveryday) van ter que sair da liga. Estas dúas equipas por motivos internos de equipo non poden xogar na liga. Tamén barallamos a opción de que se fusionaran en unha soa equipa, pero venceu o prazo e temos que anunciar que serán retiradas da Liga Galaica moi a o noso pesar. Temén hai outras equipas das que non temos noticias de ningún tipo coas que estamos intentando contactar e non temos resposta, en uns días tomaremos outra decisión sobre estas equipas posto que moitas xogadoras e xogadores que sí aparecen para xogar os partidos pagan o prezo de estar ahí e non ter rival contra quen xogar, que aínda que leven os puntos sempre é mais satisfactorio para todas as partes xogar as partidas.

Algunhas equipas xa teñen puntos contra estes equipos nos que se gañaron puntos por ausencia. Automáticamente o xestor de equipas que temos xa recalcula as puntuacións das equipas a o eliminar alguén. É mais xusto para todos dado que as outras equipas non teñen oportunidade de xogar contra as eliminadas.

Posto que SmokeMistosEveryday tiña partido mañá e desaparece, a programación para ese dia tamén desaparece lamentablemente.

E ben, ata aqui as novas, esperamos traervos boas novas en pouco tempo. Os comezos son sempre duros para todos Gracias a quenes participades posto que sodes as/os que facedes e coidades a comunidade que estamos a construir entre todas/os.

Un saúdo: A Liga Galaica