Ola xente,

Estivemos reunidos cotexando datos sobre a enquisa e fixemos un novo formulario para o rexistro.

Foi unha decisión complicada, non queremos deixar a nadie fora. Pensamos nas e nos Galegos que teñen equipo Galego e Castelán e nos que son completamente Galegos. A o final ocorreusenos facer algo que satisfará a todo o mundo. O novo formulario reflexa o número de integrantes Galegos. Deberedes decir cantos Galegas ou Galegos forman o equipo e nos actuaremos en consecuencia.

- Priorizaremos a entrada a o rexistro de equipas a quen teña maior número de integrantes procedentes de Galicia

            - Sobre este punto contan como Galegos:

                        - Xente que viva aquí (ainda que non sexan de procedencia galega)

                        - Galegos que vivan fóra (a maior parte do torneo farase de forma on-line, así que poden participar)

- O número de Galegos titulares terá maior peso que o dos suplentes. Así se hai un equipo con 3 titulares Galegos/as e 1 suplentes e outro equipo de 2 titulares Galegas/os e 2 suplentes. Terá preferencia o que teña mais titulares Galegas/os

Animamos a todo o mundo que participe independentemente do seu nivel. Pasalo ben, todas/os xuntas/os é o principal

Datas:

 

- 27 de setembro remate de inscripcións

- 5 de outubro. Semana que comezan os partidos

 

Rexistro equipas

Abrimos a enquisa ante a petición das e dos usuarios do foro. Se alguén aínda está por rexistar... A que esperas. Queremos saber a vosa opinión. Compartide coas vosas amigas e amigos. Fagamos de esta comunidade de galegos a embexa de tódalas comunidades!

Tómadevos cinco minutos e respondede a este sinxelo cuestionario que nos axudará a adaptar as reglas a gusto das e dos usuarios. Posto que esta é unha liga para vos e a vosa medida. A vosa opinión e participación é importante e queremos saber o mais posible de todo o que pensedes.

 

Cuestionario procedencia usuarias e usuarios

Supomos que moitos de vós vos estranaríades da cancelación do evento. Fai pouco tivemos os resultados da Iniciativa Xoven que ofrece a Xunta de Galicia. O resultado foi que non nos concederon a bolsa. A bolsa estaba pensada para financiar o evento na súa totalidade, non dispor dela agora complica enormemente a realización do evento.

Pero non nos poñamos negativas! Isto non é ningún impedimento para a realización da liga, porque ademais a meirande parte da liga terá lugar on line. Así que non teremos ningún impedimento para realizar a liga. E con total seguridade poderemos facer unha final.

Agora temos que traballar duro para conseguir difusión para chegar a todas as xogadoras e xogadores as que aínda non chegamos. Gracias a noticia do Faro de Vigo conseguimos unha gran difusión e temos que conseguir moita mais. Comezamos con bo pé! Continuemos así, compartindo cos amigos e amigas, participando no foro, facendo quedadas, compartindo contidos para conseguir a comunidade da que queremos formar parte.

Un saúdo. GL HF

Ben. Xa é a hora de abrir o rexistro de equipos e comezar co choio.

Espero que esteades tan emocionadas/os coma nos. Temos moitas ganas de comezar a xogar, ver, organizar... partidas. E sobre todo de botarnos unhas risas! Hai que desfrutar do que se fai cada día! Recordade rexistravos no foro. Non teñades medo a usalo, non se gasta xD

Fixádevos ben nos exemplos que se dan para o rexistro iso facilitaranos moito o traballo de meter na base de datos da páxina.

 

Recordade difundir e compartir! 

 

Rexistro