Como vedes esta páxina está adicada a liga de deportes electrónicos. Feito por Galegos e para Galegos.

Polo de agora estamos na fase de rexistro de equipas. Veredes un enlace a un documento de gdocs para rexistrar os equipos.  Esperamos que se anime moita xente e equipas para facer isto mais divertido. Sabemos que hai xente e queremos reunirvos a todas e todos. 

Por agora imos a centrarnos mais en League of Leguends porque é o videoxogo mais popular do momento, non descartamos en  ampliar a liga a outros videoxogos. Sabemos que somos unha comunidade Galega de gamers amplia e queremos gozar todos xuntos.

Procuraremos emitir as partidas en Twitch e subilas a YouTube para que as e os xogadores repasen as partidas ou mesmo volver a velas cos colegas e botarnos unhas risas.

Recordarvos que temos un foro a vosa disposición para opinar, comunicarvos entre vos ou discutir de diversos temas. Tamén sería interesante que o usedes para tratar de formar equipas con outra xente. Se non tendes xente cercana para practicar, sempre podedes topar a alguén por aquí.

 

Un saudo