Hoxe remataba teoricamente a I Temporada regular de LoL da Liga Galaica. Seino, as cousas quedaron como quedaron. Sabémolo ben.

Non tivemos moita ocasión darvos razóns de peso, sobretodo tras esa mensaxe de que cancelaramos o torneo anunciando futuras explicacións que non demos. Así pois, empecemos dende o primeiro.

 

O torneo cancelouse por falta de participantes. Nin os do torneo nin cos novos equipos chegaron ós oito necesarios. Aprazaramos unha semana máis o comezo para dar algo de marxe a anotarse máis xente. Tras esa semana, tivemos que decidir se aprazar outra ou directamente cancelalo; optamos polo segundo.

Basámonos en que, esa última semana, non tivemos nin un novo rexistro, polo que pareceunos absurdo formular outro aprazo. Quedou así sen resolver a final da temporada de LoL, sentímolo de veras.

 

Sobre o ritmo de actualizacións, uso da web e a Liga Galaica en xeral: sinceramente, nin nós estamos seguros.

A Liga Galaica orixinouse nun momento en que, dalgunha maneira, podíamos facernos cargo ben dela. Nun momento que incluso podería, de funcionar ben, salvarnos o cú. Nos úlimos meses a nosa vida dou varios xiros radicais. Algúns estamos emigrados incluso. O mantemento esta a ser cada vez máis difícil.

De todas formas, renovamos hosting por un ano máis, coa esperanza de, se tal, poder volver facer un oco a este proxecto. O formato nos que centraremonos será seguramente de competicións pequenas e curtas. Esperemos poder abarcar varios xogos xa de paso.

 

Pois isto é todo. Recordade que tendes o noso foro, o noso Twitter, o Facebook, Telegram incluso... que aínda miramos mais ou menos todo. A recopilación completa está na nosa páxina Acerca de.

 

E FELICIDADES ÓS SJOKZ'S ANGELS!!!!!!!

Tanto que nos costou escribilos e pronuncialos ó primeiro e tanto que nos deixaron sen fala no medio das partidas. Imbatibles: ningunha partida perdida.

Gracias igualmente a todos por participar. Espero que o pasarades vos como mínimo igual de ben que nos nas partidas!