Ola a todas e todos.

Antes de nada dar as grazas por estar activos na liga, a nosa noraboa a os que van sendo cabeza de cartel e o noso ánimo para os que están mais atrás. Está sendo moi emocionante a liga!

Con respeto ós encontros, queremos decirvos algo sobre os cambios de datas. Estamos tendo xente que falta ás partidas e temos que arreglar iso e intentar axilizar as cousas. Recordamos que para cambiar de día a partida é preciso:

  • Avisar como máximo o día anterior do encontro (eso quere decir que o vencemento será as 00:00)
  • Mandar un mail á organización os dous capitáns ou capitanas (cadanseu mail por capitán). Para así saber que chegachedes a un consenso para o cambio de data.
  • No mail hai que dar a data e hora do novo encontro. E a maiores, se podedes dar mais datos útiles moito mellor: Decir de que equipa sodes, contra quen xogades, ou xogabades en tal data para tal nova data etc, etc. (Ás veces parece algo trivial, pero axuda por exemplo cando queres buscar un mail antigo ou simplemente para ter toda a información a golpe de vista).

 

Temos que avisar que hai algunhas baixas moi ó noso pesar. Hai catro equipas que deixan a liga e que no día que vaian xogar os puntos serán concedidos directamente ós seus rivais. As equipas son:

  • Try and Survive
  • Dragon LoL
  • Team Solo Poppy
  • Los Auténticos

Non desaparecerán da táboa e deixamos aberto a unha posible continuación.

 

Graciñas de novo ós que nos seguides.