Ola a todas/os

Quixeramos mandar boas novas en este post, pero tememonos que non. Dada a situación de dúas equipas (WinDoges e SmokeMistosEveryday) van ter que sair da liga. Estas dúas equipas por motivos internos de equipo non poden xogar na liga. Tamén barallamos a opción de que se fusionaran en unha soa equipa, pero venceu o prazo e temos que anunciar que serán retiradas da Liga Galaica moi a o noso pesar. Temén hai outras equipas das que non temos noticias de ningún tipo coas que estamos intentando contactar e non temos resposta, en uns días tomaremos outra decisión sobre estas equipas posto que moitas xogadoras e xogadores que sí aparecen para xogar os partidos pagan o prezo de estar ahí e non ter rival contra quen xogar, que aínda que leven os puntos sempre é mais satisfactorio para todas as partes xogar as partidas.

Algunhas equipas xa teñen puntos contra estes equipos nos que se gañaron puntos por ausencia. Automáticamente o xestor de equipas que temos xa recalcula as puntuacións das equipas a o eliminar alguén. É mais xusto para todos dado que as outras equipas non teñen oportunidade de xogar contra as eliminadas.

Posto que SmokeMistosEveryday tiña partido mañá e desaparece, a programación para ese dia tamén desaparece lamentablemente.

E ben, ata aqui as novas, esperamos traervos boas novas en pouco tempo. Os comezos son sempre duros para todos Gracias a quenes participades posto que sodes as/os que facedes e coidades a comunidade que estamos a construir entre todas/os.

Un saúdo: A Liga Galaica