Boas a todas e todos!

Esperamos que as nosas visoras e visores o pasarades igual de ben ca nós vendo os partidos. Sabemos que non somos os mellores ou nin sequera somos bos. Pero joder se o pasamos ben e nos botamos unhas risas!! Animámosvos a que no chat comentedes as cousas que se nos quedan atrás nos picks e os bans, ou mesmo levarnos a contraria.

O primeiro día tivemos cerca de 10 visores! Para nós son datos moi bos! Aínda que so nos estivesen mirando dous faríamolo de igual agrado! Pero o domingo... Chegamos a 33 yeah! Estamos moi contentos con estas estadísticas. Esperamos que siga así e que sigamos medrando!

 

PD: Recordamos o enlace: http://www.twitch.tv/ligagalaica