O día de inicio da Liga Galaica foi algo incerto. Supoño que non quedou de todo claro qué ocorreu e por qué non se emitiu o que se esperaba. Tampouco cómo se resolveu o conflicto, así que vamos cunha explicación.

  • En canto ó partido que se emitía, Chegan as Plays contra Dragon LoL, resultou que Dragon LoL "non se presentou". Aplicando a norma para estes casos, damos a victoria instantáneamente a Chegan as Plays.
  • Pasando ó segundo partido: La mafia de Lira contra The Knockers. Dado que o partido anterior non se celebraba, podíamos emitir este outro. O conflicto foi maior para este caso: La mafia de Lira tiña problemas internos co seu equipo e The Knockers non aparecía. Dado que, digamos, ningún dos dous equipos "estaba presente", o conveniente sería dar por nulo o partido e ningún dos equipos puntuaría. NON OBSTANTE, discutimos moito a situación: dado que estamos comezando e un equipo fixo, dalgunha maneira, acto de presencia; a decisión final é aplazar o partido.
  • Quero aprobeitar para adiantar que o enfrontamento Carcamáns contra WinDoges non se realizará. WinDoges xa avisou con antelación sobre a súa situación e Carcamáns xa foi notificado sobre o asunto.
  • Queda pendente o tema que temos con WinDoges, polo que temos en disputa o enfrontamento deles da próxima semana. Esperamos ter noticias en breves e actuar ó respecto.

Pedimos disculpas polo sucedido e esperemos que non se repitan estes casos. As próximas veces seremos máis restrictivos.