Que ben!

Xa somos unha cantidade importante para facer a liga. Doce equipos nin mais nin menos. Na xgn animáronse moitos mais xogadores (algúns deles incluso tiveron a oportunidade de apalizar a un servidor en top). Con isto recordamos que esta semana o domingo pecha a inscripción e porémonos canto antes a facer o calendario. Trataremos de por os partidos espaciados e preferentemente os sábados que é cando temos mais tempo libre todos e todas. Estamos moi animados coa liga e esperamos que pouco a pouco teñamos mais visitas e participantes.

Animade as vosas amizades a participar, aínda hai vacantes. Cantos mais sexamos mellor!

Unha aperta a todas e todos e grazas pola vosa participación.

A Liga Galaica

Rexistro equipas