A fin de semana pasada, tivemos un encontro ben emocionante. Xogaronse os cinco enfrontamentos.  Aínda que todas as estatísticas estaban a favor de Fnatic, Origen resistiu ferozmente ante o gran favorito da tempada. Seguramente foi moi emocionante a final tanto para Fnatic coma para xPeke, que era antigamente un integrante de tal equipo.

Na miña opinión a quinta partida deciduise polo atrevemento de xPeke que no ultimo momento estivo na liña de bot moi adiantado sen opción a que o seu equipo o axudara. Aínda que Azir ten unha boa mobilidade non foi suficiente para recuar a un lugar onde o protexera o seu equipo.

Fose cal fose o resultado. Os dous equipos deron un gran espectáculo. Noraboa a os gañadores, e en breves esperamos darlle a noraboa a algunha equipa local na Liga Galaica. Se vos apetece pasade polo foro e comentade a final.