Ola xente,

Estivemos reunidos cotexando datos sobre a enquisa e fixemos un novo formulario para o rexistro.

Foi unha decisión complicada, non queremos deixar a nadie fora. Pensamos nas e nos Galegos que teñen equipo Galego e Castelán e nos que son completamente Galegos. A o final ocorreusenos facer algo que satisfará a todo o mundo. O novo formulario reflexa o número de integrantes Galegos. Deberedes decir cantos Galegas ou Galegos forman o equipo e nos actuaremos en consecuencia.

- Priorizaremos a entrada a o rexistro de equipas a quen teña maior número de integrantes procedentes de Galicia

            - Sobre este punto contan como Galegos:

                        - Xente que viva aquí (ainda que non sexan de procedencia galega)

                        - Galegos que vivan fóra (a maior parte do torneo farase de forma on-line, así que poden participar)

- O número de Galegos titulares terá maior peso que o dos suplentes. Así se hai un equipo con 3 titulares Galegos/as e 1 suplentes e outro equipo de 2 titulares Galegas/os e 2 suplentes. Terá preferencia o que teña mais titulares Galegas/os

Animamos a todo o mundo que participe independentemente do seu nivel. Pasalo ben, todas/os xuntas/os é o principal

Datas:

 

- 27 de setembro remate de inscripcións

- 5 de outubro. Semana que comezan os partidos

 

Rexistro equipas