Supomos que moitos de vós vos estranaríades da cancelación do evento. Fai pouco tivemos os resultados da Iniciativa Xoven que ofrece a Xunta de Galicia. O resultado foi que non nos concederon a bolsa. A bolsa estaba pensada para financiar o evento na súa totalidade, non dispor dela agora complica enormemente a realización do evento.

Pero non nos poñamos negativas! Isto non é ningún impedimento para a realización da liga, porque ademais a meirande parte da liga terá lugar on line. Así que non teremos ningún impedimento para realizar a liga. E con total seguridade poderemos facer unha final.

Agora temos que traballar duro para conseguir difusión para chegar a todas as xogadoras e xogadores as que aínda non chegamos. Gracias a noticia do Faro de Vigo conseguimos unha gran difusión e temos que conseguir moita mais. Comezamos con bo pé! Continuemos así, compartindo cos amigos e amigas, participando no foro, facendo quedadas, compartindo contidos para conseguir a comunidade da que queremos formar parte.

Un saúdo. GL HF