Certo é que a noticia no Faro de Vigo deixa incognitas que nos comentan polo foro. Como di, esta é unha liga orientada ás e ós Galegos. Feita por xogadores/as para xogadores/as.Gustaríanos facer unha liga regular todo o ano e contemplamos facer a final presencial.

- Durante o ano sería on-line emitindo os partidos e publicandoos. Todo depende do nivel de participación. O ideal sería liga regular con play-offs. Non temos datos de cantas/os xogadores/as imos a manexar, así que aínda non nos planteamos divisións polas ligas típicas do League of Legends.

- Respecto se poden xogar xogadores/as non Galegas/os. Citamos textualmente as reglas que escribimos:

"O equipo terá que estar formado por galegos. Cabe a posibilidade que se unha parte dos usuarios pide a organización que se abran algunhas prazas para xogadores non galegos. En ese caso a organización fará unha enquisa para os xogadores da liga. A participación na enquisa debe de ser polo menos de un 60% para que sexa aplicable. Entenderase que a baixa participación é pola baixa interese de que entren xogadores foráneos."

Cremos que é unha decisión que debería tomar a comunidade