Hoxe remataba teoricamente a I Temporada regular de LoL da Liga Galaica. Seino, as cousas quedaron como quedaron. Sabémolo ben.

Non tivemos moita ocasión darvos razóns de peso, sobretodo tras esa mensaxe de que cancelaramos o torneo anunciando futuras explicacións que non demos. Así pois, empecemos dende o primeiro.

 

O torneo cancelouse por falta de participantes. Nin os do torneo nin cos novos equipos chegaron ós oito necesarios. Aprazaramos unha semana máis o comezo para dar algo de marxe a anotarse máis xente. Tras esa semana, tivemos que decidir se aprazar outra ou directamente cancelalo; optamos polo segundo.

Basámonos en que, esa última semana, non tivemos nin un novo rexistro, polo que pareceunos absurdo formular outro aprazo. Quedou así sen resolver a final da temporada de LoL, sentímolo de veras.

 

Sobre o ritmo de actualizacións, uso da web e a Liga Galaica en xeral: sinceramente, nin nós estamos seguros.

A Liga Galaica orixinouse nun momento en que, dalgunha maneira, podíamos facernos cargo ben dela. Nun momento que incluso podería, de funcionar ben, salvarnos o cú. Nos úlimos meses a nosa vida dou varios xiros radicais. Algúns estamos emigrados incluso. O mantemento esta a ser cada vez máis difícil.

De todas formas, renovamos hosting por un ano máis, coa esperanza de, se tal, poder volver facer un oco a este proxecto. O formato nos que centraremonos será seguramente de competicións pequenas e curtas. Esperemos poder abarcar varios xogos xa de paso.

 

Pois isto é todo. Recordade que tendes o noso foro, o noso Twitter, o Facebook, Telegram incluso... que aínda miramos mais ou menos todo. A recopilación completa está na nosa páxina Acerca de.

 

E FELICIDADES ÓS SJOKZ'S ANGELS!!!!!!!

Tanto que nos costou escribilos e pronuncialos ó primeiro e tanto que nos deixaron sen fala no medio das partidas. Imbatibles: ningunha partida perdida.

Gracias igualmente a todos por participar. Espero que o pasarades vos como mínimo igual de ben que nos nas partidas!

 

AVISO: Torneo cancelado por falta de participantes. Máis información en breves.

 

Pois aqui temos as datas doTorneo on line da Liga Galaica. Que pretendemos facer de forma regular para crear unha comunidade de League of legends Galega. Sin restricción de niveles, e para participates galegos, de orixe galega ou residente. En canto Riot nos aprobe o torneo abriremos as inscripcións ata 8 equipas

A inscripción comezará a partires do 25 de marzo ata o 29 de abril e o torneo comezará a partires do 27 de marzo ata o 29 de abril (Riot aconséllanos facer isto para que a ninguén se lle pase despois rexistrarse no torneo na páxina de Riot).Eliminatoria de emparellamento único. Recordade que será un torneo on-line. Serán partidas a BO3 e o mapa será a Grieta do invocador.

 

Enlace a o evento

Normas de Riot

Normas da Liga Galaica

Ola a todas e todos

Estamos en proceso de estructuración da liga e polo que nos comentan no foro (os que participaron no foro, que sempre nos gustaría que fosen mais para abarcar mais opinións) e o que pensamos nos (bastante parello co que se comenta no foro). Imos crear un torneo cos RP's e skins de riot. Mandaremos emails a os capitans de todalas equipas que temos para avisar cando e donde rexistrarse. Hai un cubrir un mínimo de equipas (que son oito) e cada equipa debe rexistrarse no torneo en unha páxina oficial de riot. Pasaremos o link en canto estea creada así procurade estar a o ollo do mail. Creemos que podemos ter entre oito e dez equipas así que non teremos problema en encher os ocos.

Quizais hai un pequeno inciso que facer: cando se rexistran as equipas hai que por quenes son titulares e suplentes. Só os que son titulares levarán os RP's e as skins (asi que pode ser que a final a xogue un suplente pero non levará os premios de Riot.

Entonamos o mea culpa na estructuración da Liga Galaica, a o mellor foi un pouco pretencioso pola nosa parte pensar que unha liga regular sería unha boa idea e parece ser que non é a mellor (polo menos para comezar). Pero non queremos tirar a toalla, porque entre todos podemos facer unha comunidade onde atoparnos todas e todos os xogadores de Galicia e con algo de tempo quen sabe, facer quedadas para coñecernos algún día :)

Un saúdo: A Liga Galaica

Ola rapazada.

Diriximonos a vós porque ultimamente vemos que a xente vai marchando pouco a pouco e isto require que tomemos accións pola nosa parte. Nós queremos seguir co proxecto con moi pouco que poidamos facer. Toda modificación que se faga querémola consultar coa comunidade (tanto se somos cen como se somos mil).

Parece que estos ultimos paróns, tanto de navidades como de carnavais, mermaron a participación na liga e algunhas equipas non están tan motivadas como ao comezo. Sabemos tamén que hai outras que teñen a mesma enerxía ou mais e sempre están ahí para xogar, para axudar ou para facer crítica constructiva (as nosas mais sinceiras grazas a esas equipas e persoas <3) que aportaron ideas tan caralludas como o das entrevistas despois das partidas (gracias Bleda, que foi quen nolo suxeriu) esas que tanto desfrutan as cachondas e cachondos dos Porongas. Quizais unha das cousas que mais tire para atrás sexa que é demasiado longa a temporada, outras cousas mais evidentes son a calidade de transmisión e a calidade dos casters (sabemos que non somos os mellores, e creedenos, o estado anímico a parte de influir en como xogas tamén influe en como casteas)

Imos abrir un fío no foro (que tamén podedes empregar para outras cousas) para que vos pronunciedes sobre isto porque a vosa opinión é o mais importante. Sobre se deberíamos cambiar algo da estructura (que sexa mais longo/curto, ideas como a de facer entrevistas e quizais facer algunha durante a semana, modificación de reglas... todo vale). O que non queremos que pase en ningún caso é que desapareza a liga, porque creemos que hai xente que si que disfruta de isto. Se hai que facer cambios discutirase con tranquilidade e tomarase consenso das decisións.

Un saúdo: A Liga Galaica

 

PD: A vaquiña polo que vale!!!!!

 

EDIT: O enlace ó foro.